Álex Salgueiro é fagotista da Sinfónica de Galicia, na que traballa desde 2006 na posición de fagot coprincipal.
Graduouse na ESMuC onde estudou con profesores como Josep Borràs (fagotes históricos) Bernardo Verde, Giorgio Mandolesi e David Tomàs. Durante a súa formación pertenceu a diversas orquestras novas como a JONC, IRO, JONDE ou a EUYO.
Colaborou con diferentes orquestras profesionais como a do Gran Teatro del Liceu, a Sinfónica de Navarra, a Simfònica del Vallès, a Simfònica de Barcelona i Nacional de Catalunya,a Sinfónica de la RTVE, a Orquestra Gulbenkian ou a Filarmónica de Gran Canaria.
A banda da súa traxectoria en Zoar ten unha ampla experiencia na música de cámara. Actuou en conxuntos como a Orquestra de Cambra de Granollers, o Ensemble BCN216, o Grupo Instrumental s. XX, o Taller Atlántico Contemporáneo, a OSG Sinfonietta, a Camerata Bocherini, o Natalia Ensemble, ou o Quantum Ensemble.
Á vez colabora como profesor na Orquesta Nova da OSG e na JONC. Impartiu clases maxistrais en cidades como Santiago de Compostela, Lalín, Vic, Cádiz, ou Pamplona.
Foi invitado como profesor a cursos como a Academia de Música Contemporánea del Festival Via Stellae a 4 edicións do Campus de Música da Federación Galega de Bandas de Música Populares ou no Festival Son As Pontes.