Profesor de clarinete no Conservatorio de Culleredo. Graduouse no Conservatorio Superior da Coruña con Carlos Cassadó. Perfeccionou os seus estudos con Juan Antonio Ferrer, Vicente Alberola e Luís Rego entroutros.
Foi galardoado coa mención de honra no concurso “Excelencia Musical” da Xunta de Galicia e da Fundación Paideia e a raíz diso grabou o Cd “Música e Proxecto”. Pertenceu á Orquesta Nova da OSG, á JONDE e á Gustav Mahler Jugendorchester.
No 2008 foi invitado ao prestixioso curso Mastercourse Kazuza en Tokyo (Xapón). Colaborou coa Sinfónica de Galicia, coa Sinfónica de Madrid e coa orquestra francesa Les Dissonances. En xullo de 2009 estreou o concerto para clarinete de Óscar Navarro tocando como solista acompañado pola JONDE e en 2011 interpretou o Concerto para clarinete de Wolfgang Amadeus Mozart en tódalas catedrais galegas xunto á Orquesta Gaos.
Ademáis foi profesor invitado aos encontros da Joven Orquesta de Soria e a JONC. Ao igual que ao Campus da Federación de Bandas Populares de Galicia.