David Villa

Óboe

É asistente de principal da Sinfónica de Galicia desde 2009. Iniciou os estudos musicais con Ferran Torrens na Escola de Música de Caldes de Montbui. Seguiunos en Barcelona e Manresa e graduouse en Musikene con Juan Manuel Lumbreras. E completou os estudos na Hochschule für Musik “Hanns Eisler” con Dominik Wollenweber.

Foi membro da OEMUC, JONDE e Junge Sinfonie Berlin. Colaborou coa Sinfónica de Euskadi, Sinfónica de Bilbao, Sinfónica del Vallés, Orquesta de la Juventud Venezolana Simón Bolívar, Orquestra de Cadaqués e Concertgebouw de Amsterdam.

Actou como solista coa Camerata de Potsdam, co Taller Atlántico Contemporáneo, coa Camerata OSG e coa Sinfónica de Galicia. Tamén participou como solista nos festivais contemporánea de Odessa e Astrakhan.

Foi primeiro premio e premio do público no Norman Cooper Internacional Chamber Music Award en Aberdeen co JONDE Wind Ensemble. Foi segundo premio no Concurso de Música de Cámara “Higini Anglès” de Reus co Mladì Ensemble. 

Foi invitado como profesor á OJSG e JONC. Realizou grabacións co conxunto de ventos e a Sinfónica de Musikene, JONDE e OSG.

2015 Zoar © Todos los derechos reservados.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies