Discografía
No vento
Un traballo onde podes escoitar temas coma Arrolín Arrolán, Tecendo Liño, María Soliña, Ondas do Mar de Vigo, Santa María Strela do día, e moitos mais. Maxistralmente escollidos e arranxados polo compositor Juan Durán para quinteto de vento. Coa magnífica producción de Antonio Cid, desexámoste que desfrutes desta escolma.
portada grupal 2
Alev é crítica, é oscuridade, pero tamén é luz. O discurso musical deste traballo guíanos dende un perseguido Say co seu característico aire turco, sobrevoando un Tinduf imaxinario nos sons de Mariño e as verbas de Rivas, para continuares coa circense descripción de Paquito e rematando coa visión da xuventude, de Leos Janàcek.
ZoarEnsemble
O primeiro traballo en estudio recolle un repertorio no que podes atopar desde o minimalismo de Lysigh ata a reconvertida Ricercata de Ligeti, pasando polo entroido de Álvarez ou a adaptación que o propio Paquito D´Rivera fai sobre algúns dos seus temas. Unha declaración de intencións en toda regra.
2015 Zoar © Todos los derechos reservados.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

CERRAR