Xogo de Pillabáns é unha obra de teatro musical, baseada na Novela Ejemplar de Miguel de Cervantes Rinconete y Cortadillo. A música orixinal é a encarga realizada por Zoar Juego de Ladrones do compositor Óscar Navarro e describe seis escenas das aventuras dos dous pícaros que, na busca de cartos fáciles e liberdade escapan da súa casa para ir a Sevilla, onde caeran nos brazos de Monipodio, xefe da confraria de ladróns da Hampa.
Nesta produción adapatada os intérpretes actúan como os personaxes da historia interactuando co público co guión, vestiario e direción escénica de Malu Balado.
Ata hoxe foi representada en 16 ocasións en auditorios de Valdoviño, Culleredo, Lugo, Santiago de Compostela e A Coruña.