Arlequina

Unha obra dos Monicreques de Kukas coa música de Zoar

Espectáculo dirixido a todos os públicos que combina o traballo actoral e animación de marionetas. Maxia e música en directo nun espazo escénico suxerente no que todos forman parte da divertida, misteriosa e trepidante aventura dunha peculiar marioneta de papel.

Os Monicreques de Kukas cumpre neste 2019 corenta anos de traxectoria. A compañía, para celebrar o aniversario e toda unha vida sobre os escenarios, está a xirar con ‘Arlequina’, un espectáculo de gran formato con Jorge Casas Caneiro, Isabel García Coldeira, Borja Insua Lema, Marcelino de Santiago, Larraitz Urruzola ou Ero Vázquez Cabrera en escena.

Arlequina xa foi representado en Santiago de Compostela, Narón, Ames, Lugo, Ourense e A Coruña.
Seguide todas as novedades aquí.

Contratación:
Os Monicreques de Kukas – 609884630
monicreques@hotmail.com

2015 Zoar © Todos los derechos reservados.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies