Por qué?
Dende a súa concepcion, Zoar definiu pouco a pouco unha forma de facer as cousas, unha dinámica de traballo única coa que poder ofertar a maior variedade de opcións creativas que están ó alcance dun quinteto de vento. Para conseguir iso é necesaria a participación activa na creación de nova música e novas experiencias. Toda esa enerxía vese conducida de forma natural nas colaboracións con compositores, todo tipo de músicos e demais disciplinas artísticas, nunha búsqueda incesante de novas producións coas que satisfacer as inquietudes do grupo, así coma do público que goste de acudir os seus concertos.
 A esto pódeselle añadir o traballo de maridaxe para presentar cada un dos programas de concerto nunha forma na que se poida atopar unha mezcolanza de repertorio satisfactoria e homoxénea; desta forma de traballar nacen programas tan interesantes coma “dous acentos”, con música de Paquito D´Rivera e Astor Piazzola, ou “a volta ó mundo en 80 minutos”, cunha viaxe imaxinaria por paisaxes sonoros dende Europa ata América, pasando por África ou Asia.
Se eres programador, debes saber que coa nosa contratación estás apoiando directa ou indirectamente a creación de nova música, con todos os beneficios que pode levar consigo este feito na sociedade na que vivimos. Queremos definirnos e ser recoñecidos por dúas palabras: orixinalidade e compromiso, axúdasnos?

 

 

2015 Zoar © Todos los derechos reservados.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

CERRAR