Windbox

ZOAR electric

Do vento que “zoa” con forza nos instrumentos clásicos como a frauta, o corno inglés, o clarinete baixo, a trompa e o fagot, e do vento que rompe e corta no micrófono de Lytos, vai nacer un sopro conxunto, contundente. Sentiremos suaves brisas que emerxen da música de Jon Hopkins, a fría ventisca do drum and bass de Venetian Snares ou o ciclón dos beats de Skrillex… A versión electrónica de Zoar explora ademais as correntes en forma coral de Squarepusher, o choque de refachos na música de Meredith Monk ou os remuíños de Jaga Jazzist. WindBox achéganos aos principais creadores de electrónica na actualidade.

2015 Zoar © Todos los derechos reservados.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

CERRAR