Zoar

Zoar é un conxunto de cámara estable e activo. Dende a formación de quinteto de vento, conságranse a calquera das expresións musicais escritas para estes instrumentos. Naceu en 2009 coa intención de levar a orixinalidade e o dinamismo á escena musical ofrecendo propostas coidadas, novidosas e orixinais. O interese polo repertorio descoñecido, a recuperación de patrimonio musical esquecido e o compromiso coa nova creación levou ao conxunto a realizar máis de trinta estreas absolutas, sendo unha boa parte delas encargas propias. Outra das súas principais características é a realización de proxectos pedagóxicos de calidade con vontade de achegar a súa actividade a todos os públicos. 

 

Teñen actuado nos principais escenarios galegos, dentro dos ciclos das Sociedades Filarmónicas de Lugo e A Coruña, nas Xornadas de Música Contemporánea de Santiago e no Festival de Ópera da Coruña entre outros. En 2016 presentaron o cedé “No vento” con música de Juan Durán.

Zoar Álex Salgueiro Joan Ibáñez David Villa Benxa Iglesias Antonio Suarez
2015 Zoar © Todos los derechos reservados.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

CERRAR